apúntate neste fío e dinos con que queres axudar (tradución, foro, actividades... ou propón algunha idea nova )
Únete tamén ao grupo en Launchpad!
apúntate neste fío e dinos con que queres axudar (tradución, foro, actividades... ou propón algunha idea nova )
Únete tamén ao grupo en Launchpad!
Last edited by felipexil; September 7th, 2009 at 03:50 PM.
pois xa me dei de alta no Launchpad.
eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu, pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.
E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
Actualmente usoo en inglés.
Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego"
Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.
A ver se non te lío demasiado...
Perfecto!eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu,
Ademais de darte de alta no Launchpad (que é basicamente para ter unha lista de membros do grupo), tamén te tés que dar de alta na páxina de ubuntuengalego.org, concretamente aquí: http://ubuntuengalego.org/rexistrate-aqui.pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.
Despois dime cal é o teu "identificador" para darche permisos para que podas crear unha páxina nova no apartado de "Titoriais"
Jeje, este mundiño da tradución é máis complexo do que poda parecer nun principio:E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
Actualmente usoo en inglés.
- Cada programa ten un equipo de tradución. Estas son as traducións "orixinais" (ou upstream) que aparecen en calquera distribución de Linux (boa parte das traducións ao galego coordínanse desde o grupo Trasno, aínda que hai máis equipos de tradución ao galego)
- Ubuntu, como boa distribución, agrupa parte dos programas do punto anterior e ás veces personalízaos. No Launchad, permite que se cambien as traducións orixinais (isto non o deberíamos facer sen un bo motivo) ou que se traduzan as cadeas de texto que personaliza Ubuntu (tamén hai algún que outro programa que é exclusivo de Ubuntu e polo tanto só se pode traducir en Launchpad)
No caso concreto de Bluefish, o ideal é que o traduzas no upstream para que apareza sempre traducido ao galego. Para iso os pasos serían
- Preguntar na lista de correo de Trasno.
- Se ninguén está xa traballando nesa tradución (que creo que non), terías que seguir as instrucións que dan na web de Bluefish.
- Unha vez traducido teríaslles que mandar o ficheiro ".po" á lista de desenvolvemento de Bluefish, para que apareza traducido ao galego na seguinte versión.
Se tés dúbidas con todo este proceso (especialmente co segundo punto) podes preguntar na lista de correo do grupo de tradución de Ubuntu ou na de Trasno
Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego"
Non, non son triviais. Como dicía, todo este proceso de tradución pode ser moi lioso para o que empeza.Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.
Saúdos!
Last edited by felipexil; September 9th, 2009 at 11:09 PM.
Pois xa deberías poder engadir cousas na páxina
Bookmarks