Results 1 to 4 of 4

Thread: conky + datos do tempo Meteogalicia

  1. #1
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    33

    conky + datos do tempo Meteogalicia

    son un usuario común do Ubuntu. Teño posto varios Conky no escritorio e un deles ten un script deses que dan datos meteorolóxicos.
    Normalmente os scripts que aparecen nos manuais pois pillan os datos de yahoo, microsoft,.... pero en galicia temos Meteogalicia que proporciona, actualizados cada 20' , os datos das estacións meteorolóxicas espalladas pola nosa terra. E son un lote: http://www.meteogalicia.es/galego/ob.../estacions.asp
    Se vives, por exemplo en Fisterra, seguramente non teña moito que ver cos datos que pode ter a estación de Santiago ou Coruña.

    Esta intro é para dicir que fixen un popurrí de varios scripts para que no conky apareza esa información.

    Mellor que facer un copy/paste dos scritps, fago este anuncio e ireino editando con explicación pormenorizada e capturas de pantaia

    Creo que este LoCo é o lugar axeitado para contribuir. Ahí vai (Ver.1.0)

    Vamos a Sistema->Administración->Xestor de paquetes Synaptic instalamos w3m e conky (se é que aínda non o están. Vale igoal
    Code:
    sudo apt-get install w3m conky
    .
    w3m é un "navegador" de internet a través do Terminal. Leerá os datos de Meteogalicia.

    nun terminal, creamos a carpeta que conterá o script (por ter ordenado o asunto, podela usar para meter outras cousas) e o script.
    Code:
    mkdir .scripts
    cd .scripts
    sudo gedit meteo.sh
    copia e pega nel

    #!/bin/sh
    ## datos meteoroloxicos de meteogalicia
    #arquivo creado
    arquivo=~/letura
    #estación de medida
    #exemplo: Celanova 10112
    estacion=10112

    ## primeiro imos á paxina de meteogalicia
    ## e collemos os datos a partir de "Instante da lectura"
    ## e metemolo no arquivo "letura" (situado en home)
    w3m http://www.meteogalicia.es/galego/observacion/estacions/estacionsActual.asp?Nest=$estacion | grep -A28 "Instante da lectura" > $arquivo

    ## e vamos definindo os parámetros que interesan dentro dese arquivo creado
    #temperatura actual
    temp=`cat $arquivo | grep "Temperatura Media" | cut -b 37-44`
    #humidade relativa media do aire
    humid=`cat $arquivo | grep "Humidade Relativa" | cut -b 37-41`
    # vento
    vento=`cat $arquivo | grep "Velocidade do Vento" | cut -b 37-54`
    dirvento=`cat $arquivo | grep "Dirección do Vento" | cut -b 37-50`
    # choiva
    choiva=`cat $arquivo | grep "Choiva" | cut -b 1-25`

    ## e escribimolos
    echo Temperatura: $temp
    echo Humidade: $humid
    echo Vento: $vento $dirvento
    echo $choiva
    explicase nas liñas comentadas o que fai cada anaco.

    dámoslle permiso de execución ó meteo.sh

    Code:
    chmod +x /home/USUARIO/.scripts/meteo.sh
    Imos á web de Meteogalicia para saber o CODIGO DA ESTACIÓN QUE NOS INTERESA:
    Clicas no listado de estacións, buscas a que queres, entras na súa info e miras na barra de direccións do teu navegador buscando o anaco Nest=:
    http://www.meteogalicia.es/galego/ob...asp?Nest=10112
    O número 10112 é o que nos interesa para poñer no código de meteo.sh

    Abrimos o arquivo de configuración de conky
    Code:
    sudo gedit /etc/conky/conky.conf
    copiamos e pegamos o seguinte
    # Use Xft?
    use_xft yes
    xftfont DejaVu Sans:size=8
    xftalpha 0.8
    text_buffer_size 2048
    ## anclado ó escritorio
    background yes
    # Update interval in seconds
    update_interval 2

    # This is the number of times Conky will update before quitting.
    # Set to zero to run forever.
    total_run_times 0

    # Create own window instead of using desktop (required in nautilus)
    own_window yes
    own_window_transparent yes
    #own_window_type desktop
    own_window_type override
    #own_window_hints undecorated,below,sticky,skip_taskbar,skip_pager

    # Use double buffering (reduces flicker, may not work for everyone)
    double_buffer yes

    # Minimum size of text area
    minimum_size 220 0
    maximum_width 220

    # Draw shades?
    draw_shades no

    # Draw outlines?
    draw_outline no

    # Draw borders around text
    draw_borders no

    # Stippled borders?
    stippled_borders 0

    # border margins
    border_margin 5

    # border width
    border_width 0

    # Default colors and also border colors
    default_color white
    #default_shade_color black
    #default_outline_color white
    own_window_colour white

    # Gap between borders of screen and text
    # same thing as passing -x at command line
    gap_x 35
    gap_y 50

    # Subtract file system buffers from used memory?
    no_buffers yes

    # set to yes if you want all text to be in uppercase
    uppercase no

    # Force UTF8? note that UTF8 support required XFT
    override_utf8_locale yes

    # Add spaces to keep things from moving about? This only affects certain objects.
    use_spacer none


    TEXT
    ${voffset 4}O TEMPO en Celanova ${hr 2}
    ${voffset 4}${execi 300 /home/USUARIO/.scripts/meteo.sh }
    O que está despois de TEXT é o que realmente escribe a información. O resto é configuración gráfica.
    Substitúe Celanova polo nome do sitio onde está a estación.
    Substitúe USUARIO polo nome de usuario da túa sesión (ou a ruta completa ó script que debe executar.

    se xa tes un conky rulando pois copias/pegas o que está dentro de TEXT.


    Executamos conky con arquivo de configuración creado.

    Code:
    conky -c /etc/conky/conky.conf
    se tes varios conkys é necesario o parámetro -c que indica á ruta ó conky concreto que queres ter.

    Se todo foi ben, verás esto:


    se non se ve o conky no escritorio:
    mira o que se pon no terminal dende onde o lanzaches por se tes problemas de permisos, rutas incorrectas ou che falta algo.

    Podes preguntar neste mesmo fío.

    Xa sei que hai outros xeitos e a sintase pode non ser moi ortodoxa, pero é o que hai

    Espero que vos sirva

    NOTAS

    1.
    para que funcione fai falta conexión a internet. Para evitar problemas metemoslle un if

    ${if_existing /proc/net/route eth0}

    ${voffset 4}O TEMPO en Celanova ${hr 2}
    ${voffset 4}${execi 300 /home/USUARIO/.scripts/meteo.sh }
    ${endif}
    sendo eth0 o nome da interface de rede coa que te soes conectar a internet. Pódelo saber poñendo nun terminal

    ifconfig
    onde verás o nome e configuración das interfaces de rede (wlan0, rausb0, wlan1, ppp0, ...)

    2. a páxina de meteogalicia da máis información da que poño neste howto, engadir ou quitar datos é cuestión de editar meteo.sh
    para ver TODOLOS datos que envía podes facer nun terminal
    cat letura
    co que aparece o contido do arquivo onde volcamos os datos.
    3.
    se tes problemas co arquivo letura, pois creas un arquivo baldeiro con ese nome, no HOME, e daslle permisos para que o lea e escriba sen problema
    gedit letura
    gardas
    sudo chmod 775 letura
    4.
    o conky hai que engadilo ó inicio do sistema para que se cargue automáticamente cada vez que inicias sesión.
    5.
    non lle podo agradecer a meteogalicia máis que a información sexa pública. Pois a sinxelas consultas técnicas (cómo tiñan organizada a información, refresco da info,...) non me fixeron caso ningún.
    Last edited by pikamoku; September 8th, 2009 at 07:00 AM. Reason: notas

  2. #2
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Re: conky + datos do tempo Meteogalicia

    Paréceme unha idea moi boa (en canto teñas o titorial, se queres créoche unha conta na web de ubuntuengalego.org para que tamén quede alí unha copia).

  3. #3
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    33

    Re: conky + datos do tempo Meteogalicia

    xa vou eu por alí

    edito:

    pero si veño dalí¡¡¡ Non me rexistrei pero deille a Foro e parei neste.

    Sí, creame unha conta e por favor díme como debe actuar para deixar a miña colaboración

    Saúdos.
    Last edited by pikamoku; September 7th, 2009 at 03:10 PM.

  4. #4
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Re: conky + datos do tempo Meteogalicia

    Quote Originally Posted by pikamoku View Post
    xa vou eu por alí

    Sí, creame unha conta e por favor díme como debe actuar para deixar a miña colaboración

    Tés que ir http://ubuntuengalego.org/rexistrate-aqui e crear unha conta. Logo avísame para que che dea permisos

    P.S: O hosting non bota moi lonxe, así que a páxina seguramente che vaia lenta... de momento só me queda pedir paciencia

Bookmarks

Posting Permissions

  • You may not post new threads
  • You may not post replies
  • You may not post attachments
  • You may not edit your posts
  •