Results 1 to 5 of 5

Thread: Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

  1. #1
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

    apúntate neste fío e dinos con que queres axudar (tradución, foro, actividades... ou propón algunha idea nova )

    Únete tamén ao grupo en Launchpad!
    Last edited by felipexil; September 7th, 2009 at 03:50 PM.

  2. #2
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    33

    Re: Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

    pois xa me dei de alta no Launchpad.

    eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu, pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
    Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.
    E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
    Actualmente usoo en inglés.

    Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego"

    Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.

  3. #3
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Re: Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

    A ver se non te lío demasiado...

    eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu,
    Perfecto!
    pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
    Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.
    Ademais de darte de alta no Launchpad (que é basicamente para ter unha lista de membros do grupo), tamén te tés que dar de alta na páxina de ubuntuengalego.org, concretamente aquí: http://ubuntuengalego.org/rexistrate-aqui.

    Despois dime cal é o teu "identificador" para darche permisos para que podas crear unha páxina nova no apartado de "Titoriais"

    E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
    Actualmente usoo en inglés.
    Jeje, este mundiño da tradución é máis complexo do que poda parecer nun principio:

    • Cada programa ten un equipo de tradución. Estas son as traducións "orixinais" (ou upstream) que aparecen en calquera distribución de Linux (boa parte das traducións ao galego coordínanse desde o grupo Trasno, aínda que hai máis equipos de tradución ao galego)
    • Ubuntu, como boa distribución, agrupa parte dos programas do punto anterior e ás veces personalízaos. No Launchad, permite que se cambien as traducións orixinais (isto non o deberíamos facer sen un bo motivo) ou que se traduzan as cadeas de texto que personaliza Ubuntu (tamén hai algún que outro programa que é exclusivo de Ubuntu e polo tanto só se pode traducir en Launchpad)



    No caso concreto de Bluefish, o ideal é que o traduzas no upstream para que apareza sempre traducido ao galego. Para iso os pasos serían


    Se tés dúbidas con todo este proceso (especialmente co segundo punto) podes preguntar na lista de correo do grupo de tradución de Ubuntu ou na de Trasno


    Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego"


    Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.
    Non, non son triviais. Como dicía, todo este proceso de tradución pode ser moi lioso para o que empeza.

    Saúdos!
    Last edited by felipexil; September 9th, 2009 at 11:09 PM.

  4. #4
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    33

    Re: Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

    Quote Originally Posted by felipexil View Post
    Despois dime cal é o teu "identificador" para darche permisos para que podas crear unha páxina nova no apartado de "Titoriais"
    pois é pikamoku



    gracias polo resto da info. Tentarei para a semana seguir os pasos axeitados para ver se axudo co Bluefish
    Last edited by pikamoku; September 11th, 2009 at 02:09 PM.

  5. #5
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Re: Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...

    Pois xa deberías poder engadir cousas na páxina

Bookmarks

Posting Permissions

  • You may not post new threads
  • You may not post replies
  • You may not post attachments
  • You may not edit your posts
  •