Results 1 to 4 of 4

Thread: Presentación

  1. #1
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    1

    Wink Presentación

    Saúdos a todos,

    Creo que pode ser necesario dicir que o rexistro no foro do LoCoTeam é totalmente independente da participación como tradutor no Launchpad.

    Deste modo, para poder ser membro do foro do LoCoTeam hai que rexistrarse especificamente nel.

    Habería que ir organizando algo concreto que facer no LoCoTeam, e gustaríame saber se Felipe ten xa algo pensado,

    Antón

  2. #2
    Join Date
    Nov 2008
    Beans
    16

    Re: Presentación

    Ola Antón!

    Teño ideas, pero moi difusas:
    • Dar soporte no foro
    • Festivais de instalación
    • Charlas en eventos
    • Reparto de CDs (supoño que poderemos conseguir que Canonical/Ubuntu nolos dean)


    Como digo son só ideas, ás que lles falta todo o plan para implementalas... toda axuda é benvida

    Por outro lado, como dis, o LoCo e a tradución son cousas distintas (aínda que me gustaría que estivesen estreitamente relacionadas). A verdade é que todas estas infraestruturas que proporciona Ubuntu para facer o LoCo están ben, pero moi fragmentadas. En canto poda vou montar un portal centralizado, onde estea ben estruturada a información.

    Saúdos!
    Felipe.

  3. #3
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    1

    Re: Presentación

    Saúdos a todos.

    Simplemente para escribir algo e dar azos.

    Xosé

  4. #4
    Join Date
    Jan 2009
    Beans
    33

    Re: Presentación

    pois só saúdar,

    veño bastante por este foro sobre todo para resolver problemiñas do día a día.

    Pero realmente atopei este LoCo en ubuntuforums porque o servidor de outro foro-ubuntu español máis que caído parece morto, e claro, hai que ir buscando onde meterse en caso de necesidade

    Espero poder axudar ós usuari@s que o necesiten.

    saúdos

Bookmarks

Posting Permissions

  • You may not post new threads
  • You may not post replies
  • You may not post attachments
  • You may not edit your posts
  •