SantiMoronho
August 26th, 2010, 10:02 AM
Veño de instalar hai uns días O Ubuntu 10.04 en galego, e quería aproveitar para afinar o soporte lingüístico para a noso mundo lusófono. Alguén pode achegar algo destes temas:
1.- Os dicionarios de galego RAG/ILGA estanme a traballar, e responden á norma en vigor. O editar nesta mesma xanela "espazo" dáa como boa, mais non subliña "espacio" como incorrecta.
2.- Para o portugués, despois de instalada esta lingua, vexo que cada unha das escollas locais (Portugal e Brasil) seguen a ir pola súa banda, e por tanto non están actualizados ao acordo ortográfico internacional de 1990 (que entrou en vigor este ano).
Por exemplo, nesta mesma xanela, dependendo da escolla que faga de portugués (Portugal ou Brasil), sinálame "actos" como correcto en Portugal e "atos" en Brasil. No acordo é "atos".
3.- Non fun quen de instalar as ferramentas para o galego reintegracionista (AGAL). Tiña os ficheiros pt_GZ .aff e .dic do Manual galego de língua e estilo (M. Castro) e polo que vin por aí xa non se poden instalar igual que antes no Ubuntu 10.04 e no OO 3.x.
Tentei tamén a instalación desta variante proposta por Ramom Flores, e o que fai basicamente é sobreescribir as versións da RAG/ILGA, e para termos as dúas normas galegas propón camuflar unha baixo a escolla de afrikaans :-(
http://linuxgalego.wordpress.com/2010/08/17/varios-correctores-de-galego-para-o-writer-de-openoffice-org-3/
4.- por outra banda, sabe alguén como se pode reducir a escolla de "locales" da cada lingua? P. ex. ao ter instalado o español, cando vou escoller a lingua do corrector nesta xanela de edición, sáeme unha listaxe con 20 localizacións do español, se tamén teño inglés saen outras tantas, máis as da lusofonía... faise un menú moi pouco práctico. Quixera saber como se poden deixar só Español de España, Ingles de Reino Unido, etc.
:-)