PDA

View Full Version : Se estás interesado/a en colaborar co LoCo...



felipexil
September 1st, 2009, 05:43 PM
apúntate neste fío e dinos con que queres axudar (tradución, foro, actividades... ou propón algunha idea nova ;) )

Únete tamén ao grupo en Launchpad (https://launchpad.net/%7Eubuntuengalego/+join)!

pikamoku
September 9th, 2009, 09:38 AM
pois xa me dei de alta no Launchpad.

eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu, pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.
E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
Actualmente usoo en inglés.

Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego" ;)

Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.

felipexil
September 9th, 2009, 11:02 PM
A ver se non te lío demasiado...



eu podo axudar no foro ós novos usuarios de ubuntu,

Perfecto!


pero quixera preguntar un par de cousas sobre cómo colaborar.
Primeiro, cómo teño que facer para publicar o titorial que fixen directamente no ubuntuengalego.


Ademais de darte de alta no Launchpad (que é basicamente para ter unha lista de membros do grupo), tamén te tés que dar de alta na páxina de ubuntuengalego.org, concretamente aquí: http://ubuntuengalego.org/rexistrate-aqui.

Despois dime cal é o teu "identificador" para darche permisos para que podas crear unha páxina nova no apartado de "Titoriais (http://ubuntuengalego.org/titoriais)"



E segundo: utilizo un programa que se chama Bluefish e non atopei traducción ó galego por ningures e quixera saber se "só" se traduce o ubuntu cos paquetes que veñen por defecto coa instalación, ou ben se pode contribuír a traducir esos outros programas.
Actualmente usoo en inglés.


Jeje, este mundiño da tradución é máis complexo do que poda parecer nun principio:


Cada programa ten un equipo de tradución. Estas son as traducións "orixinais" (ou upstream) que aparecen en calquera distribución de Linux (boa parte das traducións ao galego coordínanse desde o grupo Trasno (http://trasno.net), aínda que hai máis equipos de tradución ao galego)
Ubuntu, como boa distribución, agrupa parte dos programas do punto anterior e ás veces personalízaos. No Launchad, permite que se cambien as traducións orixinais (isto non o deberíamos facer sen un bo motivo) ou que se traduzan as cadeas de texto que personaliza Ubuntu (tamén hai algún que outro programa que é exclusivo de Ubuntu e polo tanto só se pode traducir en Launchpad)



No caso concreto de Bluefish, o ideal é que o traduzas no upstream para que apareza sempre traducido ao galego. Para iso os pasos serían

Preguntar na lista de correo de Trasno (http://www.trasno.net/trasno:lista).
Se ninguén está xa traballando nesa tradución (que creo que non), terías que seguir as instrucións que dan na web de Bluefish (http://bfwiki.tellefsen.net/index.php/How_To_Translate).
Unha vez traducido teríaslles que mandar o ficheiro ".po" á lista de desenvolvemento de Bluefish (mailto:bluefish-dev-request@lists.ems.ru), para que apareza traducido ao galego na seguinte versión.


Se tés dúbidas con todo este proceso (especialmente co segundo punto) podes preguntar na lista de correo do grupo de tradución de Ubuntu (https://edge.launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl) ou na de Trasno (http://www.trasno.net/trasno:lista)




Ah¡¡ e xa estou actualizando a miña "firma" nos diferentes sitios por onde ando poñendo un enlace a "ubuntuengalego" ;)


:)



Quizáis son preguntas triviais pero nunca axudei a traducir un programa.

Non, non son triviais. Como dicía, todo este proceso de tradución pode ser moi lioso para o que empeza.

Saúdos!

pikamoku
September 11th, 2009, 02:05 PM
Despois dime cal é o teu "identificador" para darche permisos para que podas crear unha páxina nova no apartado de "Titoriais (http://ubuntuengalego.org/titoriais)"
pois é pikamoku



gracias polo resto da info. Tentarei para a semana seguir os pasos axeitados para ver se axudo co Bluefish

felipexil
September 11th, 2009, 05:43 PM
Pois xa deberías poder engadir cousas na páxina :-)