PDA

View Full Version : Presentación



meixome
January 21st, 2009, 11:02 AM
Saúdos a todos,

Creo que pode ser necesario dicir que o rexistro no foro do LoCoTeam é totalmente independente da participación como tradutor no Launchpad.

Deste modo, para poder ser membro do foro do LoCoTeam hai que rexistrarse especificamente nel.

Habería que ir organizando algo concreto que facer no LoCoTeam, e gustaríame saber se Felipe ten xa algo pensado,

Antón

felipexil
January 21st, 2009, 12:22 PM
Ola Antón!

Teño ideas, pero moi difusas:

Dar soporte no foro
Festivais de instalación
Charlas en eventos
Reparto de CDs (supoño que poderemos conseguir que Canonical/Ubuntu nolos dean)


Como digo son só ideas, ás que lles falta todo o plan para implementalas... toda axuda é benvida ;)

Por outro lado, como dis, o LoCo e a tradución son cousas distintas (aínda que me gustaría que estivesen estreitamente relacionadas). A verdade é que todas estas infraestruturas que proporciona Ubuntu para facer o LoCo están ben, pero moi fragmentadas. En canto poda vou montar un portal centralizado, onde estea ben estruturada a información.

Saúdos!
Felipe.

Xosé
January 21st, 2009, 03:47 PM
Saúdos a todos.

Simplemente para escribir algo e dar azos.

Xosé

pikamoku
September 5th, 2009, 06:32 AM
pois só saúdar,

veño bastante por este foro sobre todo para resolver problemiñas do día a día.

Pero realmente atopei este LoCo en ubuntuforums porque o servidor de outro foro-ubuntu español máis que caído parece morto, e claro, hai que ir buscando onde meterse en caso de necesidade :P

Espero poder axudar ós usuari@s que o necesiten.

saúdos